Témoslle un grande afecto a Antía Cal, motivo polo que nos alegramos de saber que se fixo
un documental sobre a súa visión e traxectoria no eido da educación dos nenos e das nenas, que leva por título "
Tita, a palabra xusta". Presentouse a finais de novembro en Muras, o seu lugar de nacemento, onde é coñecida como Tita a do Mesón.
Nesta ligazón, pódese acceder a unha moi recente entrevista que lle fixeron no programa ZigZag diario da TVG co gallo do documental dirixido por Miguel Piñeiro.
Sempre pensamos que a Antía Cal non se lle agradece dabondo a labor que desenvolveu pola modernización da educación galega, establecendo lazos con institucións como Rosa Sensat, introducindo o inglés nas aulas sen que isto lle restara espazo ao galego, fomentando a participación real das familias no proceso educativo, e sobre todo salientando a cultura galega.
Desde aquí , xa falamos en varias ocasións sobre a entrañable e afoutada Tita:
Cremos que todo o profesorado debería saber dela e do seu legado…, mágoa que non sexa tema de oposicións, que parece que é o que lle dá "transcendencia" aos pedagogos e as escolas (entre as que nunca están as galegas).
No hay comentarios:
Publicar un comentario