Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira posted: " Cada vez que comezamos cun novo grupo de alumnado, na reunión inicial coas familias, xa lles anticipamos que, na aula, celebraremos os aniversarios dun modo diferente ao habitual. A razón que lles expoñemos é que nin os mesmos nenos saben cantas veces os"
| Respond to this post by replying above this line |
Artigo novo en InnovArte Educación Infantil
| |
Cada vez que comezamos cun novo grupo de alumnado, na reunión inicial coas familias, xa lles anticipamos que, na aula, celebraremos os aniversarios dun modo diferente ao habitual. A razón que lles expoñemos é que nin os mesmos nenos saben cantas veces os festexan –cando menos tres ou catro: coa familia (no día), cos e coas amigas (na fin de semana), no comedor escolar (a finais de mes), cos avós (no domingo)…-; así que na escola hai que tratar de fuxir de celebracións na mesma liña consumista, facendo nese día algo que os faga sentir especiais e que sexa para recordar. Ao tempo, hai que intentar que os aniversarios sumen as medras de todos e de todas.
Neste curso, adaptamos unha idea que vimos na rede en Jugaryjugar, de entre as moitas e moi interesantes que propoñían. Ao inicio, pedímoslle a cada neno e nena un lenzo de pequeno tamaño, pendurámolos na parede e sobre cada un deles puxemos unha nota na que hai a fotografía de cada neno e o texto: "Reservado para…, e a data o aniversario". Cando chega o día, descolgamos o lenzo (que forma parte do conxunto de todos os do alumnado, profesorado e persoal que ten relación co grupo), e nese momento, o/a homenaxeado/a, píntao ao seu gusto. Dado que se trata de nenos de 3 anos, puxemos como condición que só empregarían dúas cores, as súas favoritas, e que empregarían os utensilios e técnicas que prefiran (chorreando, salpicando, cos dedos, rolos, brochas, esponxas, pinceis…).
| | | | |