viernes, 29 de enero de 2016

Antía Cal, a palabra xusta



Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira posted: " Témoslle un grande afecto a Antía Cal, motivo polo que nos alegramos de saber que se fixo un documental sobre a súa visión e traxectoria no eido da educación dos nenos e das nenas, que leva por título "Tita, a palabra xusta". Presentouse a finais de nove"
Respond to this post by replying above this line

Artigo novo en InnovArte Educación Infantil

Antía Cal, a palabra xusta

by Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira
Témoslle un grande afecto a Antía Cal, motivo polo que nos alegramos de saber que se fixo un documental sobre a súa visión e traxectoria no eido da educación dos nenos e das nenas, que leva por título "Tita, a palabra xusta". Presentouse a finais de novembro en Muras, o seu lugar de nacemento, onde é coñecida como Tita a do Mesón.
Nesta ligazón, pódese acceder a unha moi recente entrevista que lle fixeron no programa ZigZag diario da  TVG co gallo do documental dirixido por Miguel Piñeiro.
Sempre pensamos que a Antía Cal non se lle agradece dabondo a labor que desenvolveu pola modernización da educación galega, establecendo lazos con institucións como Rosa Sensat, introducindo o inglés nas aulas sen que isto lle restara espazo ao galego, fomentando a participación real das familias no proceso educativo, e sobre todo salientando a cultura galega.
Desde aquí , xa falamos en varias ocasións sobre a entrañable e afoutada Tita:
-con motivo da presentación do seu libro "Este camiño que fixemos xuntos" publicado na Editorial Galaxia no 2006, co limiar de Xesús Alonso Montero, do que recomendábamos a súa lectura;

Animar a ler en infantil



Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira posted: " No mes de novembro, Francisco Castro editor e escritor, púxose en contacto con nós para convidarnos a participar no Caderno  de análise 124  A fondo do xornal  Sermos Galiza, centrado nesta ocasión na promoción da lectura. Agora, con el nas mans, conside"
Respond to this post by replying above this line

Artigo novo en InnovArte Educación Infantil

Animar a ler en infantil

by Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira
12243597_10206810048162531_383304542891030687_n
No mes de novembro, Francisco Castro editor e escritor, púxose en contacto con nós para convidarnos a participar no Caderno  de análise 124  A fondo do xornal  Sermos Galiza, centrado nesta ocasión na promoción da lectura.
Agora, con el nas mans, consideramos que "Dos contos á lus do candil, á cultura da imaxe" resultou un número ben interesante.  Francisco Castro, o coordinador do caderno, iníciao cun artigo que leva por título "Máis gramática e menos fantasía", no que sostén que non só lendo se fai fomento da lectura, tamén escribindo, xa que logo, aprendendo a escribir, aprenden a ler, e así inclúe a creación pensando que poida que escribindo quizais aprendan a amar a literatura. Propón que se incorpore, tamén,  a escritura creativa coma unha rutina curricular, o que require -como non-  da formación do profesorado.

Ausencias e presencias



Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira posted: " Hai veces nas que a vida nos deixa tempo para proxectarnos e outras nas que hai que facer traballo cara dentro. A ausencia de InnovArte nestes últimos tempos foi debida a unha desas épocas nas que hai que coidar máis do que nos rodea. Mesmo valoramos que"
Respond to this post by replying above this line

Artigo novo en InnovArte Educación Infantil

Ausencias e presencias

by Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira
Chema Madoz
Chema Madoz
Hai veces nas que a vida nos deixa tempo para proxectarnos e outras nas que hai que facer traballo cara dentro. A ausencia de InnovArte nestes últimos tempos foi debida a unha desas épocas nas que hai que coidar máis do que nos rodea. Mesmo valoramos que chegara o momento de pechar un capítulo.  Con todo, non deixou de medrar, non hai día no que non recibamos solicitudes de amizade a través das redes sociais, maiormente de estudantes e persoas que opositarán en breve. Isto énchenos de satisfacción e danos azos para pensar que o traballo desenvolvido ao longo de seis anos, aínda está vixente, sendo de utilidade para moita xente. Pouco máis se lle pode pedir,  isto, ata nos fai crer que somos coma Frederick, o ratiño poeta de Leo Lionni que durante as épocas de escuridade se alimentaba cos raios de sol colleitados durante o verán.
Queremos agradecer todas as mensaxes que recibimos estrañadas polo parón do blog, ao tempo que nos daban razóns ou ánimo para continuar. Sentimos ben non poder aceptar todas as invitacións que nos fixeron para participar en actividades, eventos ou publicacións, pero noutra será.
Aínda así, non deixamos de ler, de descubrir e de comezar a andaina cun novo grupo, de modo que, agora que clarexa o horizonte, iremos compartindo o vivido.
Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira | 18/11/2015 ás 00:48 | Etiquetas: blog | Categorías: InformArte | URL: http://wp.me/pN3u5-2as
Comment    See all comments


InnovArte en KunArte



Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira posted: " Unha das grandes satisfaccións que nos dá o blog é a de poñernos en contacto con xente que, aínda que xeográficamente distante, moi próxima nas visións sobre a infancia. Así fomos convidadas  a un foro que deixou unha moi grata pegada en nós. No mes de n"
Respond to this post by replying above this line

Artigo novo en InnovArte Educación Infantil

InnovArte en KunArte

by Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira
Unha das grandes satisfaccións que nos dá o blog é a de poñernos en contacto con xente que, aínda que xeográficamente distante, moi próxima nas visións sobre a infancia. Así fomos convidadas  a un foro que deixou unha moi grata pegada en nós. No mes de novembro alá fomos a Vitoria-Gasteiz a participar no programa Ikusi Makusi de KunArte,  o Centro de Innovación Artística y pequeña infancia un proxecto abeirado ao Teatro Paraíso, unha iniciativa que cómpre difundir, tanto pola súa orixe e motivación coma pola súa traxectoria e labor que desenvolven na actualidade, que os fixo merecedores de moi prestixiosos premios e galardóns ao longo dos 38 anos que levan traballando polo teatro.
Unha visita ao web de Teatro Paraíso xa nos dá unha idea do proxecto global que realizan, destinado tanto á representación de obras de moi alta calidade, como á educación-formación de espectadores (nenos/as, familias e educadores). Isto, xunto coa conversa telefónica que mantivemos con Pilar, e a asistencia á representación da obra "Nómadas" na Coruña, fixo que desde o primeiro momento nos entusiasmáramos coa proposta dunha "charla en familia" na marabillosa casiña que teñen en Abetxuko Pueblo, na que a cada paso que dabamos, sacábamos unha nova idea inspiradora de cada un dos recunchos e espazos.
Nós tiñamos o encargo de falar sobre como introducimos a Arte nas nosas aulas a través das pequenas cousas, así fixemos unha presentación dalgunha das experiencias publicadas en InnovArte, e, por suxestión das nosas anfitrioas, rematamos cun "remake" da intervención "As chaves están en infantil". Isto foi o de menos, porque o magnífico desa fin de semana foi coñecer in situ o bo facer de KunArte, coincidindo co Festival Internacional de Teatro infantil de Vitoria-Gasteiz. Asistir a representacións como a da compañía Teloncillo Teatro, dirixidas a pequenos e ás súas familias, cunha exquisita posta en escena e trato co público, fixo que eleváramos  moito os nosos criterios de valoración dunha representación teatral infantil.
Partillar sobre a educación na artes, sobre a vida ou sobre o que nos apaixona a cadaquén e vivir momentos tan agradables nunha fermosísima "cidade verde", farán que manteñamos un gran recordo dunha iniciativa tan senlleira como é KunArte. Grazas mil a todo o equipo, mil grazas a Pilar, Rosa, Elena, Irene, Ana  e Tomás, seguide dándonos tantos froitos do voso proxecto de xuventude.
Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira | 28/11/2015 ás 23:34 | Categorías: Uncategorized | URL: http://wp.me/pN3u5-2be
Comment    See all comments



jueves, 28 de enero de 2016

Peter Greene on Jeb! Bush’s Education Plan





dianeravitch posted: "Jeb Bush hasn't made much headway in the polls but he is hanging in there, the favorite of the GOP establishment and the best-funded.   He recently announced his plan for reforming American education, and it is a paean to school choice. He just doe"
Respond to this post by replying above this line

New post on Diane Ravitch's blog

Peter Greene on Jeb! Bush's Education Plan

by dianeravitch
Jeb Bush hasn't made much headway in the polls but he is hanging in there, the favorite of the GOP establishment and the best-funded.

He recently announced his plan for reforming American education, and it is a paean to school choice. He just doesn't like public education, period.

Peter Greene has performed a public service for us by reviewing Jeb's proposals. He does so in part 1 and part 2.

i will give you some pithy excerpts and encourage you to read the whole thing by yourself.

This is from part 1:

Tu hijo, un futuro acosador – Escuela para padres



Angel Sanchez Fuentes publicó:"Suena fuerte, nadie desea ver a su hijo como un futuro acosador, pero quizás sin darnos cuenta, estamos fomentando y justificando conductas violentas en casa. Hoy te muestro un decálogo para convertir a un niño en un futuro acosador. ¿Te identificas con a"

Entrada nueva en El Portal de Educapeques

Tu hijo, un futuro acosador – Escuela para padres

by Angel Sanchez Fuentes
Suena fuerte, nadie desea ver a su hijo como un futuro acosador, pero quizás sin darnos cuenta, estamos fomentando y justificando conductas violentas en casa. Hoy te muestro un decálogo para convertir a un niño en un futuro acosador. ¿Te identificas con alguna? Vivimos en una sociedad que promueve la violencia, es cierto. Que los […]
Angel Sanchez Fuentes | enero 28, 2016 en 12:30 pm | Categorías: Escuela de padres | URL: http://wp.me/p2QM96-6mg
Comentario    Ver todos los comentarios