viernes, 29 de enero de 2016

Animar a ler en infantil



Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira posted: " No mes de novembro, Francisco Castro editor e escritor, púxose en contacto con nós para convidarnos a participar no Caderno  de análise 124  A fondo do xornal  Sermos Galiza, centrado nesta ocasión na promoción da lectura. Agora, con el nas mans, conside"
Respond to this post by replying above this line

Artigo novo en InnovArte Educación Infantil

Animar a ler en infantil

by Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira
12243597_10206810048162531_383304542891030687_n
No mes de novembro, Francisco Castro editor e escritor, púxose en contacto con nós para convidarnos a participar no Caderno  de análise 124  A fondo do xornal  Sermos Galiza, centrado nesta ocasión na promoción da lectura.
Agora, con el nas mans, consideramos que "Dos contos á lus do candil, á cultura da imaxe" resultou un número ben interesante.  Francisco Castro, o coordinador do caderno, iníciao cun artigo que leva por título "Máis gramática e menos fantasía", no que sostén que non só lendo se fai fomento da lectura, tamén escribindo, xa que logo, aprendendo a escribir, aprenden a ler, e así inclúe a creación pensando que poida que escribindo quizais aprendan a amar a literatura. Propón que se incorpore, tamén,  a escritura creativa coma unha rutina curricular, o que require -como non-  da formación do profesorado.

Segue o número cunha entrevista a Concha Costas, presidenta de Espazo de Lectura, realizada por Xabier P. Iglesias, onde reivindican que a lectura é un factor socializador que nos permite unha cidadanía crítica.
Jacobo Fernández Serrano, debuxante e autor de literatura infantil, fala da banda deseñada na escola, do cómic, que coa súa natureza híbrida, ofrece infindas posibilidades para un educador, mesmo se permite un vaticinio no que os ve, xunto coa novela gráfica, coma unha das grandes apostas do mundo editorial na escola.
Antonio García Teijeiro escribe un suxestivo artigo que leva por título "Cultivar coa poesía as emocións do alumnado" no que xa comeza afirmando que os seres humanos precisamos da poesía.  Coma docente e coma escritor, sostén que a poesía pode axudar a cambiar a liña de conduta de nenos e adultos, e e malia todo non ten presenza dabondo nas aulas, está ao marxe. Defende a poesía en voz alta, poesía para sorprender, para gañar a atención dos rapaces, para emocionar. E segundo el, as razóns para que a poesía non entre nas aulas é porque os ensinantes non foron educados nela, emporiso, ofrece un camiño para iniciarse botando man da literatura de tradición oral, seguindo cos contos rimados, dando paso deseguido aos romances, e logo as cancións (poemas en música). Pero sobre todo, considera que a clave está na convicción de que a poesía ten valores para  a formación das persoas.
Nós, falamos de como enganchar ao alumnado "pola orella" e levalo ao mundo dos libros, a través de contos, -ben contados, ben escollidos- se perseguir máis nada que o pracer da escoita. Afirmamos que ler, ler e ler é a única fórmula máxica ou segredo para facer lectores,  e lamentablemente, fanse moitas actividades de fomento (exposicións, campañas ou díasde), pero lese pouco nos centros, nas aulas, nas bibliotecas, nas casas, nos espazos infantís.
O caderno péchase cunha conclusión a cargo de Francisco Castro na que fai un alegado a favor da lectura xa que ler só produce beneficios. Non ten absolutamente ningunha contraindicación.
Como sucede sempre, estes argumentos a favor da lectura só os lerán as persoas que xa len, ás que non len deixaraas igual, pero aos que lemos darannos razóns para continuar co noso empeño.
Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira | 13/11/2015 ás 21:54 | Etiquetas: fomento lectura | Categorías: ActualizArte | URL: http://wp.me/pN3u5-2ax
Comment    See all comments



No hay comentarios:

Publicar un comentario