martes, 31 de diciembre de 2013

silvinaorienta




silvinaorienta


Posted: 30 Dec 2013 11:44 AM PST
Este manual, publicado no 2012 e do que é autora Mª del Mar González Noriega, ten como obxectivo permitir, tanto ás familias de persoas con discapacidade como aos voluntarios e voluntarias que traballan con elas, ter una referencia sobre o mundo destas persoas para compartir con normalidade as súas vidas. O texto inclúe:
  • nocións básicas da discapacidade intelectual
  • consellos de actuación tras o diagnóstico
  • papel da familia e do voluntariado
  • desenvolvemento afectivo-sexual
  • educación
  • transición á vida adulta
  • enbellecemento, ocio
  • datos de interese sobre organización e centros nas diferentes comunidades autónomas

Posted: 30 Dec 2013 09:38 AM PST
"Alumnado sordo en Secundaria. ¿Cómo trabajar en el aula?" é una obra colectiva concebida, creada e realizada pola Confederación Estatal de Personas Sordas (CNSE). A información estructúrase arredor de tres capítulos:
  1. Identificación do alumnado xordo
  2. ¿Que debemos facer na aula?
  3. ¿Que debemos facer fóra da aula?
Útil para docentes e profesionais da orientación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario