Chegounos esta felicitación de Aninovo dunha familia amiga -xente que vive entre as palabras, os libros, a lingua e a cultura- e gustounos tanto que lle pedimos que nos deixaran publicala no inicio do blog no 2015.
Cremos que esta imaxe condensa todas aquelas arelas e desexos que farían o mundo e as persoas un chisco mellores.
Así, con teimosía, esperanza, agarimo, sinceridade, honestidade, dignidade…, InnovArte, no 2015, seguirá intentando facer unha achega á mellora da educación infantil.
Ventura e boa sorte na volta ás aulas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario