miércoles, 23 de abril de 2014

Libros para durar



Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira posted: " No Día Internacional do libro e dos dereitos de autor, queremos facer a nosa particular homenaxe a todas aquelas persoas que se esforzan para que os libros poidan chegar ás nosas mans: escritores, tradutores, ilustradores, axentes literarios, deseñadore"
Respond to this post by replying above this line

Artigo novo en InnovArte Educación Infantil

DSCN0868
No Día Internacional do libro e dos dereitos de autor, queremos facer a nosa particular homenaxe a todas aquelas persoas que se esforzan para que os libros poidan chegar ás nosas mans: escritores, tradutores, ilustradores, axentes literarios, deseñadores, editores, fotógrafos, correctores, encadernadores, distribuidores, libreiros, bibliotecarios, contacontos, e outros moitos que de seguro descoñecemos.
Como lectoras non podemos deixar de agradecérllelo, pero como mestras este xesto debería multiplicarse por mil. Nós que comezamos no oficio fai xa uns anos, fomos vendo pouco a pouco a evolución desta industria da que tanto nos valemos no día a día das nosas aulas. Hoxe podemos ir á biblioteca e botar man do libro que precisemos segundo a ocasión o requira: para ler, para soñar, para pensar, para aprender, para mirar, para coñecer, para rir, para sentir, para emocionar, para asustar, para contar, para escoitar, para falar ou para calar. É marabilloso, e todo ilo grazas aos viven por e para o libro.
Nós finalmente somos unhas mediadoras que nos emocionamos cando vemos imaxes como as das fotografías que acompañan esta entrada, dunha nena que aproveita calquera recuncho nun paseo familiar para abrir o seu libro e soñar.
Julia está lendo "Onde viven os monstros" de Maurice Sendak editado por Kalandraka nas cinco linguas peninsulares con motivo do cincuenta aniversario da súa publicación. Ela non sabe que ten entre as mans o álbum por excelencia, merecedor de prestixiosos premios en todo o mundo  e sobre o que se fixo unha película. Ela non sabe que foi obxecto de numerosas críticas no momento da súa publicación por consideralo pouco adecuado aos canons da literatura para a infancia. Pero o que si sabe é que lle gusta, que a ten engaiolada e que lle esperta o desexo de miralo.
Velaquí o ingrediente segredo que fai que un libro permaneza vixente ao longo de cincuenta anos.
Pois esta é tamén a nosa particular petición para os que hoxe homenaxeamos: dádenos libros que desgastemos de tanto abrilos e pechalos. Deixade no caixón os que responden a modas, a necesidades efémeras ou aqueles que perseguen o aplauso dun día, porque os nenos e nenas deseguida o notan e desbótanos, malia que as mestras nos gastemos os cartos pensando que hai que ter nos andeis as últimas novidades editoriais.
"Onde viven os monstros"
Comment    See all comments



No hay comentarios:

Publicar un comentario