martes, 14 de mayo de 2013

Rosalía pequeniña




Artigo novo en InnovArte Educación Infantil


Poema "Paseniño"
Xa temos entre as mans a última publicación que trata de achegar a obra de Rosalía de Castro aos máis pequenos, que auguramos será de presenza obrigada na biblioteca de todos os centros escolares de educación infantil e primaria: "Rosalía pequeniña", da editorial Galaxia, un libro CD, prologado por Begoña Caamaño, que recolle dez poemas musicados pola cantante Uxía.
Dicía Freixanes, o editor, na súa presentación que cada xeración le a Rosalía dun xeito distinto, e neste caso, a luz da contemporaneidade, faise unha reinterpretación musical dos seus textos e máis da imaxe da poetisa a través das fermosas ilustracións de Marina Seoane.
Esta Rosalía pequeniña pequeneira, que escribía na nosa fala, na voz de Uxía soñaba con ser pirata, era rebelde e rebuldeira, medio meiga medio fada, vestida de moitas cores, non cantaba nin as pombas nin as delicadas flores, senón que chamaba pola alborada.
Os 40 concertos programados nos centros de ensino, darán ocasión de falar desta grande, fermosa e necesaria iniciativa, que se enmarca dentro da conmemoración do 150 aniversario da publicación de "Cantares gallegos".
???????????????????????????????
Poema "A grasia non era moita"
Poema "A grasia non era moita"
Poema "Como chove miudiño"
Poema "Como chove miudiño"
Poema "Has de cantar"
Poema "Has de cantar"
Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira | 14/05/2013 ás 06:36 | Etiquetas: lingua galega | Categorías: ContArte | URL: http://wp.me/pN3u5-1M2
Comentario    See all comments



No hay comentarios:

Publicar un comentario