miércoles, 11 de septiembre de 2013

5ª temporada de InnovArte



Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira posted: " No día que comezamos co alumnado o curso 2013-14 tamén abrimos a 5ª temporada de InnovArte. Facémolo con moitas reservas porque así como é moi difícil que manteñamos o interese por unha serie de televisión ou por unha serie literaria na súa quinta entre"
Respond to this post by replying above this line

Artigo novo en InnovArte Educación Infantil

No día que comezamos co alumnado o curso 2013-14 tamén abrimos a 5ª temporada de InnovArte. Facémolo con moitas reservas porque así como é moi difícil que manteñamos o interese por unha serie de televisión ou por unha serie literaria na súa quinta entrega -malia que nos gustara moito ao principio-, co blog pode acontecer o mesmo. Xa pouco nos queda por contar que non fora abordado nos catro cursos anteriores, emporiso dubidámolo moito, pero, por outra banda, para nós, InnovArte é a xanela que nos comunica co mundo, de modo que, tras meditalo devagar, decidimos seguir aquí. Agora ben, contaremos cando teñamos algo que dicir e cando non calaremos. O que non queremos é entrar nunha servidume que deixe de ter como obxectivo o motivo polo que comezamos. Vemos na blogosfera que hai quen cae nunhas redes que o obrigan a traizoar os seus principios e converter as entradas en produtos de consumo efémeros. Tamén hai quen pensa que case todos os blogs nacen xa cunha obsolescencia programada de función. É posible, algún día haberá que parar, pero polo de agora imos a seguir intentando cumprir co que se espera de InnovArte: que sexa un espazo de reflexión e que sirva para compartir experiencias educativas realizadas nas aulas de infantil.
Queremos comentar que tamén estamos sorprendidas polas invitacións que nos fan para participar en actividades de formación do profesorado ou solicitudes para visitar as nosas aulas. Que ninguén pense que somos desconsideradas pero cando abrimos InnovArte, a imaxe de cabeceira elixida foi a de Spiral Jetty, unha obra concibida para ser coñecida a través das reportaxes e documentais, o mesmo que queremos nós: todo o que temos que dicir e que mostrar xa está no blog, o que non podemos pretender é reducir o traballo de catro anos a unha charla ou a unha visita dun par de horas, que pola contra, nos supoñería dedicarlle un tempo que teríamos que restarlle aos nosos proxectos, ao blog ou á nosa vida persoal. Por ese motivo, case sempre rexeitamos esas propostas, malia que agradecemos a consideración profesional que nos manifesta quen nos convida.
Dito isto, botaremos a andar, Isabel cun novo grupo de 3 anos e Ángeles con un de 4, en dous centros pertencentes ao mesmo concello, separados por unha distancia de cinco kilómetros, similares pola masificación e moi diferentes polo perfil familiar do alumnado. Con todo, facémolo ilusionadas.
Bo inicio de curso para todas as persoas que nos acompañades nesta viaxe.
Aviso: nos últimos tempos hai seguidores/as que nos din que lle sorprende a inclusión de publicidade no blog. Como podedes supoñer non é algo que nos agrade, pero ao parecer son as peaxes que hai que pagar por dispoñer de ferramentas "de balde". Seica no momento da súa creación aceptamos esas condicións. Sentímolo moito.
Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira | 11/09/2013 ás 07:03 | Etiquetas: blog | Categorías: Uncategorized | URL: http://wp.me/pN3u5-1Pv
Comentario    See all comments


No hay comentarios:

Publicar un comentario