miércoles, 18 de noviembre de 2015

silvinaorienta






silvinaorienta


Posted: 17 Nov 2015 02:36 PM PST
O bullying ou acoso escolar é unha problemática que se repite nas aulas dos diferentes países do mundo. Estamos a falar dun tema que debe previrse e tratarse dun xeito simultáneo nos centros educativos e nas familias.

Segundo o último informe de UNICEF ("Ocultos bajo la luz", publicado en setembro de 2014), 1 de cada 3 estudantes do mundo de entre 13 e 15 anos ten sufrido acoso ou intimidación de forma sistemática. A pesar de que se trata dun fenómeno complexo, no que también inflúen a sociedade e a cultura, desde los centros educativos pode traballarse na prevención do mesmo.

O blog Tiching  ofrece un listado de 10 recursos (videos, artigos, películas, documentos de todo tipo) clasificados por idades para traballar co alumnado. Accede á recompilación facendo clic na imaxe.

http://blog.tiching.com/10-recursos-educativos-para-combatir-el-bullying/?utm_content=CMPRecursosBullying&utm_source=facebook.com&utm_medium=referral&utm_campaign=cm
Posted: 17 Nov 2015 05:26 PM PST
O Observatorio Español del Racismo y la Xenofobia, OBERAXE ven de publicar novos materiais para contribuir á prevención e detección do racismo, a xenofobia e a intolerancia nos centros educativos. Falamos, máis concretamente, dun manual e duns trípticos que conteñen as ideas principais do manual.

Con estas dúas publicacións, trátase de contribuir a mellorar a formación para a prevención e a detección do racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia nas aulas, reforzando a imaxe positiva da integración da poboación inmigrante e das minorías étnicas no ámbito da educación.

O manual describe, ao longo de seis capítulos as seguintes cuestións: por qué existen o racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia na nosa sociedade e, polo tanto, nas nosas escolas; cal é o diagnóstico da situación respecto da poboación migrante e outras minorías, así como o marco normativo de referencia; que estratexias hai dispoñibles para a xestión da diversidade na escola, a mellora da convivencia e o fomento da participación da comunidade educativa; cales son os sinais para detectar que se están a producir, ou se poden producir incidentes, ou incluso acoso discriminatorio no medio escolar; cales son os efectos destes incidentes e como facerlles fronte. O manual inclúe finalmente unha serie de boas prácticas presentadas por algunhas Comunidades Autónomas e organizacións.

cofinanciado polo "Programa Progress sobre Empleo y Solidaridad" da Comisión Europea.

Poden ser empregados por docentes e outros profesionais do ámbito educativo formal que queiran educar no respecto á diversidade, pero tamén van dirixicos a responsable e técnicos de organizacións non gubernamentales, dinamizadores xuvenís, educadores sociais e, en xeral, a comunidade educativa en sentido amplo.

Accede ao manual facendo clic na imaxe

http://explotacion.mtin.gob.es/oberaxe/inicio_descargaFichero?bibliotecaDatoId=4070

Fai clic na imaxe para acceder ao tríptico

http://explotacion.mtin.gob.es/oberaxe/documentacion_descargaFichero?bibliotecaDatoId=4071
Posted: 17 Nov 2015 05:06 AM PST
Guía editada polo Consejo de Europa. Vai dirixida ao colectivo docente para facilitar o traballo contra a islamofobia na aula. A islamofobia é o sentimento e actitude de rexeitamento e hostilidde cara ao Islam e, por extensión, ás persoas musulmanas e á súa realidade social.


Posted: 17 Nov 2015 12:16 AM PST



Presento aquí un novo Storify do Equipo de Tuitorientadoras y Tuitorientadores de Guardia. Desta vez inclúense frases, imaxes e recursos para aprender a aprender sen estrés. A iniciativa  ‪#‎estudioynomeestreso‬ foi coordinada pola orientadora Rosa Mesa del Moral.




You are subscribed to email updates from Silvina Paricio orienta.
To stop receiving these emails, you may unsubscribe now.
Email delivery powered by Google
Google Inc., 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View, CA 94043, United States

No hay comentarios:

Publicar un comentario