silvinaorienta |
- "Cuerdas". Curta de animación
- Guías didácticas sobre igualdade
- Cuestionarios de intereses académico-profesionais
- Documentos frecuentes de uso académico-administrativo
Posted: 17 Feb 2014 11:27 AM PST
"Cuerdas" foi elexida o domingo 9 de febreiro de 2014, na 28ª edición dos Premios Goya, "Mellor curta de animación". Dirixida por Pedro Solís, conta unha historia moi persoal, xa que se inspira na discapacidade do seu fillo Nicolás, afectado por unha parálise cerebral de nacimento. Nicolás inspira o personaxe principal, un neno que chega a un colexio novo e alí atopa a María, compañeira de colexio. A rutina de María no cole verase alterada pola chegada deste neno especial. Pronto se farán amigos inseparables. Ideal para traballar na titoría.
|
Posted: 17 Feb 2014 10:49 AM PST
"IGUALES PARA HOY": Guías didàcticas para secundaria e bacharelato sobre igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Multitude de informacións e actividades prácticas. Idóneas para traballar nas titorías.
Para acceder aos distintos niveis, fai clic nas imaxes
Guía 1º e 2º ESO
Guía 3º e 4º ESO
Guía Bacharelato
Fonte: educacionenvalores.org
|
Posted: 17 Feb 2014 10:10 AM PST
Presentamos aquí varios cuestionarios sobre intereses académico-profesionais destinados ao alumnado. O seu obxectivo é fomentar a reflexión sobre un mesmo e axudar a coñecerse un pouco mellor.
"GRAN RECORRIDO":
Duración: 15 a 25 minutos. Elaborado por educaweb.com. Para o alumnado maior de 15 anos. Poderás analizar con el os teus gustos, valores, características persoais, etc. Tamén te indica o campo profesional máis axustado ao teu perfil e os posibles itinerarios formativos que tes que seguir (Ciclos Formativos de FP, Universidade, etc.). Tes que acceder como usuario non rexistrado. Podes imprimir os resultados.
Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe
"PROYECTO ORION":
Duración: 15 a 25 minutos. A utilizar a partir dos 14 anos. Este cuestionario (para Secundaria e Bacharelato, da Universidade Pontificia de Comillas) avalía os teus intereses, as túas aptitudes e o teu historial académico e persoal. Ao final presenta cales son os principais estudos que poden ser de interese para ti. Tes que acceder como "invitado".
Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe
"CUESTIONARIO DE INTERESES PROFESIONALES":
Incluido no Programa Ibercaja Orienta. Despois de rematar o cuestionario, recibirás un dossier informativo cos teus resultados. Tes que rexistrarte para facelo.
Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe
Fonte: Blog Orientaguía |
Posted: 17 Feb 2014 08:26 AM PST
Recompilación de formularios e impresos de uso académico-administrativo -publicados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia- que facilitan a recollida e intercambio de información entre os diferentes membros da comunidade educativa: centro, profesorado, familias e alumnado.
Para acceder aos documentos, fai clic na imaxe
|
You are subscribed to email updates from Silvina Paricio orienta To stop receiving these emails, you may unsubscribe now. | Email delivery powered by Google |
Google Inc., 20 West Kinzie, Chicago IL USA 60610 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario