Cada novo curso, nos nosos centros elabórase a cartelaría identificativa de cada espazo/aula acompañada de suxestivas imaxes arredor dun eixo común. As obras de
David Hockney,
instalacións do Land Art,
portas, ou no presente
sendeiros pola natureza, tratan de personalizar cada porta en función dos gustos, características ou afeccións de cada unha das persoas que ocupamos eses espazos. Dá para moito xogo, para traballar cos cativas e para algunha que outra interpretación por parte dos adultos.
Á nosa aula correspondeulle un sendeiro entre hortensias. Así, os nenos/as sabedores de que é unha das flores preferidas da súa mestra, nestes días sorpréndennos con fermosos ramos delas. A elevada temperatura do centro non permite que duren moito, polo cal pensamos de que modo poderíamos conservalos ao longo do curso. Secalas é unha posibilidade e pintalas, outra.
Tras observalas con detemento, decátanse de que non é cousa doada representar a gama de cores presente nos milleiros de flores que integran as hortensias. Buscamos información na rede e vemos que hai quen as pinta cun dedo (
auténticos virtuosos).
Este é o resultado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario