No centro no que traballamos todos os anos organizan obradoiros nos que se elaboran elementos típicos do Nadal: doces, postais e adobíos. Xa temos feito mención a eles noutras ocasións, sempre insistindo na idea da reutilización, do non consumismo, da austeridade, que tamén debe ser un feito manifesto nas prácticas escolares, xa que logo, de nada vale dedicarlle un día ao medio ambiente, ao consumo ou a outros valores, cando despois non son evidentes nas actuacións diarias.
Nesta edición nós encargámonos de facer "bolas de cristal", inspirándonos nas bolas de neve que a todos nos engaiolaron de cativos, e de non tan cativos
Tarros de vidro, pequenas figuras, adobíos, botóns ou abalorios, purpurina grosa, auga e unha cullerada de glicerina líquida por tarro (non é absolutamente necesaria, pero incrementa a densidade da auga axudando a manter a suspensión da purpurina).
Unha actividade sinxela, apta para todas as idades e moi, moi gratificante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario