silvinaorienta |
Posted: 19 Feb 2015 10:00 AM PST
Breve manual -ten oito páxinas- elaborado por especialistas do Servicio de Neurología Pediática do Hospital Universitario La Paz de Madrid. Recolle os principais consellos a ter en conta tanto para relacionarse cun menor que ten ese trastorno como para que o neno sexa capaz de adaptarse ao que lle pasa. A publicación consta de dúas partes claramente diferenciadas, unha dedicada aos nenos e nenas e outra dedicada ás familias.
A primeira parte ofrece dunha maneira clara e sinxela un conxunto de métodos persoais útiles para o neno: pedir que lle repitan as instruccións; anotar nunha libreta aquelo que precisa recordar; crear unha rutina diaria; dividir as tarefas longas en pequenos grupos; non facer varias cousas á vez; facer exercicio; seguir unha dieta equilibrada e durmir as horas necesarias.
A segunda parte presenta as normas de conduta a seguir por pais e nais: prestar atención ao neno escoitándoo e falándolle con paciencia; non actuar dun xeito excesivamente permisivo; aumentar a súa autoestima e confianza; resaltar o éxito e non o fracaso; ter en conta que o seu comportamento empeora en certas situacións con menor control; e supervisar na casa o traballo escolar.
Accede ao manual facendo clic na imaxe
Fonte: comunidad-tdah.com |
No hay comentarios:
Publicar un comentario