lunes, 18 de noviembre de 2013

Pan de millo



-AUNQUE ESTÁ EN GALLEGO SE ENTIENDE MUY BIEN


Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira posted: "O pasado sábado presentouse na Galería Sargadelos de Compostela o libro disco "Pan de millo" de Migallas editado por Kalandraka. Nós xa tivéramos ocasión de escoitalo con anterioridade, pero cómpre dicir que a posta en escena de María Campos e Carlos Yus"
Respond to this post by replying above this line

Artigo novo en InnovArte Educación Infantil

Pan de millo

by Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira
???????????????????????????????O pasado sábado presentouse na Galería Sargadelos de Compostela o libro disco "Pan de millo" de Migallas editado por Kalandraka.
Nós xa tivéramos ocasión de escoitalo con anterioridade, pero cómpre dicir que a posta en escena de María Campos e Carlos Yus lle dá un valor engadido que vai máis alá da súa presentación en público.
Penduradas polas paredes fermosas ilustracións de Dani Padrón, e repartidas pola sala elementos relacionados coa elaboración do pan de millo tratando de achegarlle aos pequenos tarefas tradicionais xa case descoñecidas para eles: a semente do millo, as espigas, cestas e canastros, hórreos, muíños de man, peneiras, artesas e a boroa cocida, que finalmente foi repartida entre os asistentes.
Os nenos e nenas cantaron, mimaron e bailaron con algunhas das cancións recollidas no CD, "Unha vella tiña un can", "Pan de millo", pechando, como non podía ser doutro xeito, con "Miña abuela Manuela", xa que logo, o libro vai dedicado "Aos vellos que coidan dos nenos e aos nenos que coidan dos vellos".
Desde esta ligazón pódense escoitar fragmentos dalgunhas delas.
???????????????????????????????
Comentario    See all comments



No hay comentarios:

Publicar un comentario