silvinaorienta |
Posted: 18 Sep 2014 09:08 AM PDT
Ao inicio do curso é importante establecer o nivel de competencia curricular do noso alumnado co fin de saber de onde parte para elaborar, de ser o caso, as correspondentes adaptacións curriculares ou programas de reforzo. Presentamos aquí un conxunto de instrumentos para avaliar os niveis de competencia curricular en lingua castelá e matemáticas en todos os cursos da Ed. Primaria. Inclúese tamén unha parrilla para valorar a motivación e o estilo de aprendizaxe.
Podes acceder aos documentos facendo clic nos seguintes enlaces
Fonte dos documentos: http://chopo.pntic.mec.es/~fferna23/
Fonte da imaxe: Rafa M López
Fonte da información: Blog Orientación Andújar
Podes atopar outros instrumentos para avaliar a competencia curricular neste mesmo blog:
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario