domingo, 28 de septiembre de 2014

silvinaorienta



silvinaorienta


Posted: 27 Sep 2014 12:25 PM PDT
Sergio ven de cumprir 12 anos. É un rapaz exemplar: dócil, intelixente, responsable. Os seus pais ven nel unha vida longa chea de éxitos, amor e felicidade. Por outra banda, catro compañeiros da súa clase, Raúl, Iván, Aitor y María, ven nel unha víctima perfecta coa que divertirse por mor da súa bondade e inocencia. Sergio, ante tal situación, fará o posible por resistir e seguir adiante, deixando nelo todas as súas enerxías.


Dirixido e producido por Carlos de Cozar (2010)

Escrito por Blanca Bardagil

Música de Carles Reig
Posted: 27 Sep 2014 12:59 AM PDT
Guía da Fundación Márgenes y Vínculos de Andalucia destinada ás familias onde se aborda o tema dos abusos sexuais na infancia e na adolescencia.

O abuso sexual a menores é un dos malos tratos máis invisibles, pero non por elo menos frecuente. Son moitos os menores que sofren abusos na súa infancia, non so por posibles agresores descoñecidos, senón tamén e case sempre por familiares ou persoas próximas á familia. Pais e nais deben ter unha información adecuada sobre os abusos sexuais, os síntomas que poden observar nos seus fillos e fillas, como son os agresores e como se levan a cabo os abusos, e, sobre todo, como poder previr e prestar axuda.

Na guía abórdanse as seguintes cuestións: 
  1. Presentación
  2. Concepto de abuso sexual
  3. Características do abuso sexual a menores
  4. Falsas crenzas sobre o abuso sexual
  5. Danos que pode xerar o abuso sexual
  6. Detección do abuso sexual
  7. Cómo saber se un menor está a ser abusado?
  8. Que facer se un neno ou adolescente está a sofrer abuso sexual?
  9. Cómo evitar que nenos e nenas sofran abuso sexual?
  10. Onde acudir e que facer legalmente?
  11. Teléfonos de interese
    http://www.fmyv.es/pdf/prevencion/prevencion-abuso-sexual-infancia-adolescencia.pdf 

    Para acceder á información, fai clic na imaxe
    Fonte: fmyv.es (Fundación Márgenes y Vínculos)
You are subscribed to email updates from Silvina Paricio orienta
To stop receiving these emails, you may unsubscribe now.
Email delivery powered by Google
Google Inc., 20 West Kinzie, Chicago IL USA 60610

No hay comentarios:

Publicar un comentario