silvinaorienta |
Posted: 26 Feb 2014 08:41 AM PST
Guía publicada pola Fundación Universia co obxectivo de informar sobre os Servizos de Atención á Discapacidade existentes nas universidades españolas e impulsar deste xeito o acceso de xoves con discapacidade aos estudos superiores.
Preséntanse nela un total de 76 Servizos de Atención á Discapacidade correspondentes a outras tantas universidades. Para cada un deles especifícase teléfono, enderezo web e correo electrónico.
Ofrécese así mesmo información sobre os programas e becas que oferta a Fundación para universitarios con discapacidade.
Fonte: autismomadrid.es (recollido tamén en Orientatierra)
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario