martes, 25 de febrero de 2014

"Aqua"



Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira posted: " Recibimos con alegría a nominación da curta de animación “Aqua” para os XII Premios Mestre Mateo. De sempre temos debilidade polo traballo da produtora Algarabía porque en case todos os seus stop motion hai un fondo de valores con grandes posibilidades "
Respond to this post by replying above this line

Artigo novo en InnovArte Educación Infantil

Recibimos con alegría a nominación da curta de animación “Aqua” para os XII Premios Mestre Mateo. De sempre temos debilidade polo traballo da produtora Algarabía porque en case todos os seus stop motion hai un fondo de valores con grandes posibilidades de aproveitamento didáctico. Non podemos esquecernos do seu Gato Tolo que a través de 50 capítulos escenificaba na serie “E por que?” moitos dos potenciais perigos domésticos aos que están expostos os pequenos da casa, ou de “O soldadiño de chumbo” ou da “Escola das areas”, entre outras moitas creacións de Virginia Curiá e Tomás Conde.
“Aqua” ten a súa inspiración na Celebración do Día Mundial do Medio Ambiente 2013, Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga. Trátase dunha curta na que podemos visibilizar en 1 minuto o ciclo da auga. Magnífico para amosárllelo ao noso alumnado.
Parabéns e moita sorte.
Comentario    See all comments



No hay comentarios:

Publicar un comentario