silvinaorienta |
- Alumnado con cancro. Protocolo de actuación na escola
- Maltrato infantil. Programa de sensibilización no ámbito escolar
- Guías de orientación académico-profesional despois de 4º ESO, Bacharelato e FP
Posted: 23 Mar 2014 03:01 AM PDT
Publicación editada pola Asociación de Familias de Niños con Cáncer de Castilla-La Mancha (AFANION) en colaboración coa Fundación ONCE. O seu obxectivo é apoiar aos profesionais da educación que teñen que facer fronte a esa experiencia, xa que cando a un alumno se lle diagnostica un cancro, no centro educativo xurden moitas dúbidas no que atinxe á abordaxe da situación. Un alumno que é diagnosticado de cancro segue a ser o noso alumno e, aínda que a enfermidade conleve unha escolarización irregular, é de esperar que voltará á aula para seguir cun ritmo normal. A continuidade escolar durante o tratamento, tanto no hospital como na casa, é fundamental para o seu equilibrio emocional, xa que transmite a mensaxe de esperanza de que hai un futuro.
Para acceder ao protocolo, fai clic na imaxe
Fonte: fundadeps.org
|
Posted: 22 Mar 2014 11:36 PM PDT
Publicación coeditada por Rea (Asociación castellano leonesa para la defensa de la infancia y la juventud) e a Gerencia de Servicios Sociales de Castilla y León. Parte da premisa da necesidade de abordar o tema do maltrato infantil directamente na aula, do mesmo xeito que se lles ensina aos rapaces e rapazas a protexerse doutros perigos como o tráfico ou os accidentes domésticos. Os destinatarios son os mestres e mestras de Educación Infantil e Primaria e, a través deles, o alumnado deses niveis educativos como víctimas potenciais de maltrato e/ou abuso.
O libro está dividido en varias partes claramente diferenciadas: Introducción, Presentación e Anexos. A primeira parte, titulada "Guía para los maestros y maestras" proporciona os conceptos básicos sobre maltrato infantil, resalta a importancia do mestre nestes temas, enumera os principais indicadores de malos tratos, describe que facer e como tratar ao rapaz maltratado e tamén como actuar inicialmente cos pais maltratadores. A segunda parte está dedicada a potenciar e promover, desde o ámbito escolar, estratexias de prevención do maltrato infantil, partindo de dotar aos rapaces e rapazas das competencias interpersoais necesarias. Para elo proporciona ao profesorado orientacións e suxerencias de estratexias e actividades a realizar para concienciar e desenvolver no alumnado as habilidades e conductas necesarias para protexerse e actuar ante posibles situacións de maltrato. Finalmente, nos Anexos inclúense os principais enderezos de interese, os aspectos lexislativos oportunos e a bibliografía máis relevante para profundizar nestes temas.
Para acceder á publicación, fai clic na imaxe
|
Posted: 22 Mar 2014 10:47 PM PDT
Presentamos aquí dúas guías elaboradas pola Junta de Andalucía (Provincia de Granada) con información sobre as distintas opcións que se lle presentan ao alumnado ao rematar 4º ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Aínda que están contextualizadas na provincia de Granada, os aspectos xerais son válidos para calquera Comunidade Autónoma.
Para acceder ás guías, fai clic nas respectivas imaxes
Fonte: Blog Tutoría y Orientación, de C. Patricia Díaz |
You are subscribed to email updates from Silvina Paricio orienta To stop receiving these emails, you may unsubscribe now. | Email delivery powered by Google |
Google Inc., 20 West Kinzie, Chicago IL USA 60610 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario