sábado, 22 de noviembre de 2014

silvinaorienta



silvinaorienta


Posted: 21 Nov 2014 11:05 AM PST
No blog Entre pasillos y aulas, do orientador Miguel Ángel Valverde Gea, atópase unha completísima entrada cun conxunto de actividades para traballar a violencia en parellas adolescentes na titoría. Dentro desa serie de actividades, chama a nosa atención un grupo de vídeos que forman parte dunha campaña contra a violencia no noivado. Trátase de diferentes spots de propaganda cívica realizados por distintas institucións e estudantes de Latinoamérica. O seu visionado resulta adecuado para rapaces e rapazas dos cursos superiores da ESO o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero


Posted: 21 Nov 2014 05:59 AM PST
Guía de recursos para as familias e amizades de adolescentes e mulleres novas que teñen padecido ou padecen violencia por parte das súas parellas. Atopada no xornal feminista Mujeres en Red , a súa autora é Sonia Vaccaro. Nela abórdanse os seguintes puntos:
  • Introducción (p. 5)
  • Que podo facer? (p. 13)
  • Que debo facer? (p. 19)
  • Ata onde involucrarse? (p. 27)
  • Cando intervir? (p. 29)
  • Como podo axudarlle? (p. 33)
  • Onde recorrer? (p. 39)
  • Recursos (p. 41)
  • Bibliografía de consulta (p. 46)
Recurso idóneo para falar del o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

Accede á guía facendo clic na imaxe

http://www.mujeresenred.net/IMG/pdf/guiapadresymadres.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario