miércoles, 15 de abril de 2015

Medindo o tempo (V): creamos un reloj de sol analemático




Artigo novo en InnovArte Educación Infantil

Medindo o tempo (V): creamos un reloj de sol analemático

by Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira
Como dicíamos na entrada anterior, o interese pola medida do tempo e a chegada do sol levounos á elaboración dun reloxo analemático, contando coa colaboración dun astrónomo do Observatorio Astronómico da USC, Pedro Pablo Campo, quen nos fixo as medicións, trazou o analema e explicoulle ao alumnado o funcionamento deste tipo de reloxos.

O lugar elixido foi unha lomba que hai no patio do centro xa que nos resultou moi difícil atopar un espazo no que non houbese a posibilidade de que o sol quedase oculto, ou no que a sombra do edificio nos imposibilitase o funcionamento do reloxo.
Puxémonos a traballar. En primeiro lugar, foi preciso establecer as coordenadas, determinando cun punto o Norte-Sur-Este-Oeste, a continuación trazou unha liña Norte-Sur, sobre a que marcaría as posicións do gnomon (persoa) segundo os distintos meses do ano.
A continuación, marcou as horas, estando as 12:00 h. no mesmo punto que o Norte.
Logo explicounos que debido a que a hora solar non se axusta coa hora oficial, deberiamos calcular sempre 2.30 h. máis no verán e 1.30 no inverno, o que anotamos para non esquecernos, así como outra información como o lugar polo que nace o sol (Este) e onde se oculta (Oeste). Todo iso tiña que quedar de forma moi visible e gráfica para o noso alumnado e para todos os que por alí pasen.
Cos nenos e nenas fomos facendo comprobaciones sobre o correcto e axustado "funcionamento" do reloxo, aínda que é a partir de agora cando lle sacaremos proveito e cando o utilizaremos sempre que a presenza do sol nos acompañe.
Para finalizar, escribimos o nome do reloxo, analemático, e a modo de esfera rodeamos todo con lemas que adoitan figurar inscriptos en latín nos reloxos de sol antigos; nós optamos por escribilos en lingua galega:
-""Soli Soli" Só con sol
-""Sine sole Sileo" Sin sol calo
- "Sum Si Sol Sit" Son se hai sol
- "Horas sinaladas, horas soleadas"
Reloj de sol analemático
O reloxo  analemático no centro será unha curiosidade durante un tempo, pero temos a completa seguridade de que  o noso alumnado non esquecerá o funcionamento dos reloxos de sol, e que se fixarán neles sempre que atopen un.
Con todo, non descartamos a posibilidade de crear un como o da fotografía, haberá que buscar quen nos pode dar ese gusto...
Non poderiamos pechar esta experiencia sen agradecer de novo a acollida, atención e colaboración do director do Observatorio, José Ángel Docobo e do investigador Pedro Pablo Campo, que están a disposición dos centros educativos tanto para a realización de visitas didácticas como para a realización de programas como "Todo cosmos". Grazas mil.
Comment    See all comments
Unsubscribe to no longer receive posts from InnovArte Educación Infantil.
Change your email settings at Manage Subscriptions.
Thanks for flying with WordPress.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario