silvinaorienta |
Posted: 08 Mar 2015 12:28 PM PDT
Manual editado pola Fundación Montemadrid e dirixido ao alumnado adulto inmigrante que consta de 3 niveis:
Manual de Alfabetización ¿Cómo se escribe…?: Un completo manual de alfabetización en español dirixido a persoas adultas procedentes da inmigración e a persoas que precisan aprender o idioma para relacionarse co seu contorno social e laboral máis inmediato. Accede ao manual facendo clic na imaxe.
¿Cómo se dice…? nivel A1: Que consta de cinco unidades didácticas que á súa vez se dividen en cinco leccións cada unha onde o estudante aprende a intercambiar información persoal: datos persoais, familia, tempo libre, profesión, etc. Ademáis, proporciónase ao alumnado información de interese referente a trámites, papeleos, festas, costumes, etc. Ao final de cada lección atópase unha autoavaliación orientada tanto aos aspectos lingüísticos como aos culturais. Material con gran cantidade de gráficos, imaxes e debuxos.
¿Cómo se dice…? nivel A2: Que consta de catro unidades didácticas que á súa vez se dividen en catro leccións cada unha que tocan temas cotiás como "enchendo a nevera", "as vacacións, ou cousas da casa. Ao igual que no nivel A1, ao final de cada lección atópase unha autoavaliación orientada tanto aos aspectos lingüísticos como culturais.
Fonte: La web del estudiante |
No hay comentarios:
Publicar un comentario