As ensinanzas deportivas están dentro do sistema educativo. Son de réxime especial porque se poden simultanear con outros estudos, xa que teñen unha estrutura adaptada ás necesidades formativas de tecnificación e o rendemento deportivo canto a duración, horarios, prácticas, etc.
Finalidade: Formación de técnicos (monitores e adestradores) en diferentes modalidades e especialidades.
Estrutura e titulación: Organízanse en Ciclo Medio (niveis I e II), conducente ao título de técnico deportivo; e Ciclo Superior (nivel III), conducente ao título de técnico deportivo superior. Son as únicas titulacións oficiais no ámbito deportivo e teñen validez académica e profesional en todo o Estado.
Acceso:
- Grao Medio
- Requisitos académicos:
- Título de graduado en ESO ou equivalente, e superar unha proba específica. En ausencia disto, ter 17 anos e superar unha proba de madureza. A proba de madureza poderase sustituír pola proba de acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Para acceder ao segundo nivel de Grao Medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
- Requisitos deportivos:
- Primeiro nivel: a) Superar unha proba de carácter específico na que se avalían as capacidades físicas e técnicas da especialidade correspondente; b) Cumprir os requisitos deportivos que puideran establecerse na especialidade ou modalidade correspondente.
- Segundo nivel: a) Proba específica, de ser o caso; b) Cumprir os requisitos deportivos que puideran establecerse na especialidade ou modalidade corespondente.
- Grao Superior
- Requisitos académicos:
- Título de técnico deportivo da mesma modalidade ou especialidade.
- Título de bacharelato ou equivalente. En ausencia disto, ter 19 anos e superar unha proba de madureza. A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a Ciclos Formativos de Grao Superior de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño, ou de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Requisitos deportivos:
- Superar unha proba de carácter específico.
- Cumprir os requisitos deportivos que puideran establecerse na especialidade ou modalidade correspondente.
Estudos posteriores: Pódese acceder a graos universitarios como o de maxisterio (especialidade de educación física) ou de ciencias da actividade física e o deporte. Permite a validación con outras ensinanzas do ámbito educativo.
Oferta educativa:
- Centros dependentes da Consellería
- Fútbol
- IES Cruceiro Baleares (Culleredo. A Coruña)
- IES Sánchez Cantón (Pontevedra)
- IES Río Cabe (Monforte de Lemos. Lugo)
- Balonmán
- IES Sánchez Cantón (Pontevedra)
- Baloncesto
- IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa Pontevedra)
- Atletismo
- IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo)
- Fútbol sala
- Centros privados autorizados
- Fútbol sala
- CADF Constantino Castro Ruso. Federación Galega de Fútbol sala (Vigo)
- CADF Federación Galega de Fútbol (A Coruña)
- Fútbol
- CADF Federación Galega de Fútbol (A Coruña)
- CADF Real Club Deportivo da Coruña (Abegondo. A Coruña)
- Hípica
- CPR Santa Apolonia (Santiago de Compostela)
- CPR Cemar (Mondariz Balneario. Pontevedra)
- Deportes de invierno
Máis información nas seguintes ligazóns:
Outros estudos similares: Familia Profesional de Actividades físico-deportivas (En Formación Profesional, que inclúe Ciclos de Grao Medio e Ciclos de Grao Superior).
Consulta o folleto informativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario