sábado, 14 de noviembre de 2015

silvinaorienta


-

silvinaorienta


Posted: 13 Nov 2015 09:32 AM PST
Guía publicada pola Federación Autismo Burgos para protexer contra a violencia e o abuso aos nenos e xoves con TEA (Trastornos do Espectro Autista). A publicación, de 13 páxinas, enmárcase dentro do proxecto europeo SPEAK UP contra o abuso sexual infantil e vai dirixida a todas as persoas responsables da protección e do amparo de nenos e adolescentes con este trastorno. Segundo especifican os seus autores, no texto non se mencionan cadros lexislativos específicos por estar destinado a diferentes profesionais de toda Europa.

A guía empeza explicando pormenorizadamente as características do autismo -empregando o termo "autismo" para cubrir unha gama de diagnósticos que as persoas con autismo poden recibir, como o trastorno do espectro do autismo (TEA), o síndrome de Asperger (SA), o autismo infantil, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento (TGD), etc., e o seu diagnóstico diferencial, e aborda os distintos aspectos a ter en conta nas investigacións relacionadas coa defensa de nenos e adolescentes con autismo, indicando a continuación cómo identificar posibles sinais de abuso e/ou trato discriminatorio, así como os diversos aspectos a ter en conta á hora de obter información en persoas con dificultades na comunicación, e enumerando diversas pautas para apoialos e dotalos de ferramentas que lles permitan lidiar con situacións que expoñan a súa vulnerabilidade.

Accede ao documento facendo clic na imaxe 

http://speakup.progettisociali.it/docs/es/guide_one.pdf
Posted: 13 Nov 2015 07:41 AM PST


As actuacións en urxencias sanitarias e a atención nos procesos e condicións de saúde que afectan ao alumnado por un tempo prolongado ou ao longo de toda a súa vida, son claves na construción dun clima escolar pacífico, positivo e respectuoso coa diversidade. No marco da Estratexia Galega para a Convivencia Escolar, ponse a disposición da comunidade educativa galega un Protocolo básico que será paulatinamente complementado por diferentes Addendas. Accede ao protocolo e a Addenda de Diabete facendo clic nas ligazóns correspondentes:

Posted: 12 Nov 2015 09:36 PM PST
Video producido pola Fundación Triángulo, unha entidade sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é a igualdade socil de gays, lesbianas, transexuais e bisexuais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario