jueves, 12 de noviembre de 2015

silvinaorienta





silvinaorienta


Posted: 11 Nov 2015 12:20 PM PST

Ogallá na vida real as cousas aconteceran segundo pasan no video! Moitos sucesos desgraciados non ocorrerían. É necesaria a implicación de toda a sociedade para combater esta lacra.

Autoras: Saray Ferrer Hernández, Mª Dolores Olivares e Mª Luisa Segarra Martínez.
Profesora coordinadora: Elsa Plasencia Ortega
IES Carrús (Elche, Alicante)

Posted: 11 Nov 2015 09:23 AM PST

Ás persoas cóstanos moito comprender que as emocións teñen que ser experimentadas, comprendidas, manexadas e, por enriba de todo, expresadas. Xeralmente, o que facemos por convención social é precisamente o contrario: fuxir delas e non comprender os nosos sentimentos. Así, castigamos con crueldade a nosa maneira de sentir, reprimindo especialmente aos nenos e nenas e a aqueles adultos aos que caracteriza unha certa sensibilidade e capacidade especial con relación á demostración das súas emocións.

Por iso, comprender e manexar as nosas emocións máis alá do socialmente desexable é unha tarefa pendente para casi todo o mundo.

Para traballar estes aspectos, temos moitas e moi estupendas ferramentas na nosa man. Un exemplo son as curtametraxes e os videos que pretenden axudarnos a reflexionar e a liberar aqueles sentimentos que non conseguimos tolerar.

1. O amor é unha fermosa casualidade
A curtametraxe animada Lucky You é un claro exemplo de que o amor pode cambialo todo e de que sempre chegará aquela persoa que cunha aperta e un sorriso recompoña cada parte rota da nosa alma.


2. Valorar a amizade, superar as diferenzas e axudar
Non sempre é doado superar as dificultades e, ás veces, hay diferenzas que nos parecen imposibles de solventar. Esta curtametraxe danos unha lección sobre a amizade e a importancia de permanecer ao lado de aquelas persoas ás que queremos e que nos queren. Non mirar polos defectos, tolerar aquelo que nos frustra, non xulgar nen traicionar aos nosos amigos é a base dunha amizade verdadeira capaz de resistir cada vaivén e cada adversidade que debuxe a vida.


3. As diferenzas nos achegan se sabemos escoitalas
A curtametraxe "La luna" de Pixar encerra moitas ensinanzas. Traballar en equipo e ter en conta cada punto de vista pode ser complicado, pero se atendemos aos demáis, podemos conseguir cousas marabillosas. Do mesmo xeito, esta curta amósanos que enfadándonos somentes conseguimos perder a oportunidade de compartir momentos fermosos, e de sentir e de disfrutar da vida.


4. O poder da amizade cun mesmo
Para acadar unha boa autoestima, debemos traballar a tolerancia cara a nos mesmos. A través desta curta, achegarémonos a nos mesmos e comprenderemos cómo destruimos a nosa propia autoimaxe en pos duns ideais que nos impoñen e que nos aceptamos sen pensar. Somos seres completos, coas nosas virtudes e defectos. Non é a nosa imaxe a que nos define, senón os nosos pensamentos e a capacidade que temos de aceptarnos tal e como somos. Unicamente a aceptación faranos mellores.


5. O valor da paciencia
Ás veces non somos conscientes de como podemos facer mal aos que están arredor de nos cos nosos actos e comentarios impulsivos. É importante cultivar a paciencia, pois ela nos achegará ao equilibrio emocional.


6. ¿Cerebro ou corazón? O eterno dilema
Nunca temos que perder de vista que os sentimentos cobran máis sentido cun pouquiño de cordura. Igual pasa ao revés. Así, cando se nos plantexa o dilema de facer ou non caso da nosa parte máis visceral, temos que pensar que considerarnos globalmente sempre é algo que fará máis rica a nosa vida e as nosas decisións.


7. Saber apreciar o que temos
Fermosa curtametraxe que ten que axudarnos a valorar o que temos, deixar as envexas a un lado e disfrutar da nosa vida sen mirar para a do veciño. Aprendamos a convivir có que a vida nos regala e valoremos o que temos antes de perdelo.


8. Mira a esencia, non as apariencias
As apariencias esfúmanse como o fume que vende o protagonista desta curtamentraxe. Así, facendo caso á expresión popular "las apariencias engañan", teríamos que comezar a buscar na profundidade das persoas. O que amosamos pode cambiar, o que sentimos non.


9. Non escoitamos para comprender, escoitamos para contestar
Se queremos que nos escoiten, é importante que cultivemos a nosa capacidade de facelo. As relacións requiren de reprocidade e de tolerancia, algo que xeralmente descoidamos. Por iso, para aprender a convivir con outras persoas, temos que escoitar a súa outra verdade, e non só a nosa razón. A comunicación é indispensable para escoitar ao outro.


Todas estas curtas nos axudan non só a comprender os nosos sentimentos e emocións, senón tamén a ter moi presentes os nosos valores e a poñelos en práctica sen deixarnos guiar por aqueles sentimentos que non nos aportan nada bo.

Fonte: La mente es maravillosa

Posted: 11 Nov 2015 07:48 AM PST
Guía sobre diversidade afectivo-sexual para adolescentes editada pola FELGTB (Federación Estatal de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais). Trátase dun cómic que narra diversas historias curtas con Carol, unha rapaza lesbiana, como protagonista. Nel preséntanse diferentes situacións ás que teñen que facer fronte as persoas LGTB (lesbianas, gays, transexuais e bisexuais). As historietas acompáñanse de breves textos explicativos.

Accede ao cómic facendo clic na imaxe

 http://www.felgtb.org/rs/113/d112d6ad-54ec-438b-9358-4483f9e98868/c76/filename/comic-carol.pdf
You are subscribed to email updates from Silvina Paricio orienta.
To stop receiving these emails, you may unsubscribe now.
Email delivery powered by Google
Google Inc., 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View, CA 94043, United States

No hay comentarios:

Publicar un comentario